Res com un bon llibre

Chamamento

Chamamento

Chamamento

Pròleg: Ignacio Castro Rey e Javier Turnes

Traducció: Nora Viéitez

Editorial: Axóuxere

Pàgines: 150

Any: 2011

EAN: 9788493910716

Per confirmar

  • Consulta-ho a la llibreria
Este texto apareceu no ano 2003 de modo anónimo en Francia. Distribuíronse miles de exemplares en ámbitos politizados coa intención de subverter o proceso en que o imperio -termo usado por eles- constitúe as nosas formas de vida e de sensibilidade. O proxecto insurxente que os anónimos autores do texto propoñen pasa por crebar as formas en que o imperio nos conformou nunha sensibilidade estéril, vaga e conformista. Hai que reaxir, propoñen os autores deste texto, dende a nosa forma de ser básica, dende o noso xeito de encarar o suceso cotián no artellamento de novas posibilidades de rebeldía que destrúen o sempre latexante intento do imperio de cercernarnos, reducirnos e acabar cos nosos mundos particulares. Como eles din: “Perante a evidencia da catástrofe, hai os que se indignan e os que actúan, os que denuncian e os que se organizan. Nós estamos do lado dos que se organizan”. Mesmo á marxe dos acordos e desacordos concretos que manteñamos coa letra deste libro, a súa primeira virtude é deitar unha estimulante incerteza arredor do que queira que sexa o presente e se eliximos velo como ciencia-ficción, somos libres de facelo. Mais non esquezamos que o estamos a facer dende unha vida-ficción que xa non ten un fácil exterior nin criterio claro ningún para discernir o que é verdade do que é escenario, o que é desacordo do que é medo.

Subscriu-te a la nostra newsletter