O Corpo de Cristo

O Corpo de Cristo
21,00 €
Sense existències ara
Rep-lo a casa quan estigui a la venda per Missatger o Eco Enviament*
Cando Vera era nena, un demo roldaba a súa casa e acosaba á súa nai, martelándolle os nervios ata prostrala na cama durante días. Entre as sesións de exorcismo coa meiga e as citas co psiquiatra, ano tras ano, a superstición esvaécese para deixar paso ao diagnóstico. Mais, malia os malos tratos, a enfermidade e as excentricidades, o amor dunha nai e a súa filla é máis forte ca calquera outra cousa, sobrevivindo ao paso do tempo e ás tormentas.
Realizada durante unha residencia na Maisons des Auteurs de Angoulême (Francia), O Corpo de Cristo é a declaración de amor dunha filla á súa nai, á que ten que coidar sendo demasiado nova, pero, máis alá da tolemia, tamén é o retrato tráxico e universal dunha muller encerrada no seu papel de filla, nai e esposa nunha España patriarcal, pobre e católica.
A autora resultou gañadora do Premio Nacional de Cómic 2024 que outorga o Ministerio de Cultura e Deporte. O xurado apuntou que O Corpo de Cristo é “unha obra innovadora, arriscada no formal, con texturas e composicións que transcenden as técnicas máis utilizadas sen renunciar ao emprego do humor e a unha mirada poética. A obra posúe unha gran profundidade e sensibilidade polo xeito de abordar un tema tan complexo coma o da saúde mental desde a propia experiencia da autora, así coma a reivindicación da importancia dos coidados”. Así mesmo, sinalou que é “unha obra de gran beleza visual e profunda emoción que ofrece unha mirada sorprendente na relación nai e filla, sendo unha auténtica exploración da linguaxe que emprega recursos estéticos alternativos e mostra unha nova forma de tecer a historia reivindicando a propia memoria migrante”.
Pola súa parte, o ministro de Cultura, Ernest Urtasun, destacou que “a sensibilidade e o respecto que Bea Lema dedica á saúde mental e a reivindicación dos coidados n’O Corpo de Cristo, ademais das súas asombrosas ilustracións e bordados, fan que este Premio Nacional de Cómic 2024 sexa merecidísimo”.
O Premio Nacional de Cómic, que agora Astiberri publica por primeira vez en galego, únese á longa lista de premios e nominacións estranxeiras que recibiu este cómic:
• Premio Nacional de Cómic de España – Gañadora 2024
• Premio Miguel Gallardo a Autora Emerxente no Salón de Cómic de Barcelona - Nominada 2024
• Premio ACDCómic a Autora Revelación - Finalista 2024
• Premio de Cómic dos Lectores das Bibliotecas de Burdeos - Nominada 2024
• Gran Premio da Heroína Madame Figaro - Gañadora 2024
• Premio Bédélys 2024 do Festival de Cómic de Montreal a mellor obra estranxeira - Gañadora 2024
• Premio literario rexional de estudantes de Secundaria Agence régionale du Livre Provence-Alpes-Côté
d’Azur - Short-list 2024-2025
• Premio do Público no Festival de Cómic de Angoulême 2024 – Gañadora 2024
• Fauve des Lycéens / Festival Internacional de Cómic de Angoulême 2024 – Nominada 2024
• Premio Artémisia - Nominada 2024
• Premio Première vague BD / Librairie l’esprit large - Nominada 2024
• Premio do Xurado / Festival BD en Périgord de Bassillac - Gañadora 2023
Ás cinco edicións en castelán de O Corpo de Cristo, Astiberri suma a edición en galego. Ademais, na actualidade Bea Lema traballa na adaptación d’O Corpo de Cristo a curtametraxe de animación.