Lois Pereiro. Vida e obra

Lois Pereiro. Vida e obra
16,15 €
Sense existències ara
Rep-lo a casa en 2 / 3 dies per Missatger o Eco Enviament*
Lois Pereiro (1958-1996) foise antes de tempo, aos 38 anos. Prometérao na súa adolescencia: «Quero escribir un libro e morrer novo, como Manuel Antonio.» Ao final escribiu máis dun. A súa obra, e en concreto a súa poesía, constitúe unha das mostras máis auténticas e dolorosas da literatura galega. Para Lois Pereiro o corpo foi o seu campo de batalla e o argumento da súa poesía. Envelenado dúas veces, aos 36 anos diagnosticáronlle a sida. Marcado xa para a morte decidiu, contra todo prognóstico, seguir vivo para sempre na súa obra e nos soños dos que o seguiron querendo. Lois Pereiro. Vida e obra é a proba de que o conseguiu. Neste volume, o xornalista Iago Martínez aborda a biografía dun autor tan admirado como descoñecido, e faino dende a complicidade, cunha prosa áxil e directa, combinada cun minucioso labor de documentación.