Nasce un árbore. Memorias de Tains

Nasce un árbore. Memorias de Tains
Editorial: Xerais
EAN: 9788483026410
13,99 €
Sense existències ara
Rep-lo a casa en 2 / 3 dies per Missatger o Eco Enviament*
Nasce un árbore e Memorias de Tains de Gonzalo Rodríguez Mourullo son dous documentos literarios de excepcional interese e relevancia para as nosas letras. A presente edición rescata senllas obras alén de ofrecer unha rigorosa análise introductoria a cargo de Teresa Bermúdez, elaborada en base a un continuo diálogo con persoeiros da nosa cultura e unha exhaustiva confrontación con outros documentos. Nela desvélanse perfís inéditos do autor.Catro décadas despois da publicación destes dous libros esta é unha boa ocasión para achegarse á figura de Mourullo a través da súa curta producción literaria, considerada como pioneira e punto de inflexión na evolución da literatura galega contemporánea pola súa calidade, pola mestría narrativa que exhibe e pola introducción de novas técnicas e temáticas ata daquela absolutamente inéditas na nosa tradición